Pueblos de España
Pueblos | Fotografías | Mensajes | ¿El mejor pueblo? | El tiempo | Turismo | Clasificados | Usuarios | Países | Hoteles
   
Población:
   
Galicia  >  La Coruña  >  ARTEIXO
ARTEIXO (La Coruña)
  Información   Mapa   Donde Dormir   Donde Comer   Fotos   Mensajes   Genealogía   El Tiempo   Enlaces   Anuncios   Colaboradores  

 
¿Quieres reservar un HOTEL en la provincia de La Coruña?
Habitantes: 30.000  Altitud: 65 m.  Gentilicio: Arteixan 
Mapa de ARTEIXO
Hoy amanece en ARTEIXO a las 08:38 y anochece a las 18:02
Nº fotos: 36  Nº mensajes: 107  Visitas / día: 36 
Cambio piso
 
 
Dormir y Comer en:
 
Tú Opinas



Información general sobre ARTEIXO
Situación:

A 11 km de La Coruña.

Ayuntamiento:

Arteixo.

Monumentos:

Area Recreativa de Seixedo.

Puente Romano

Paseo fluvial

Penedos de Santa Leocadia

Igrexa de San Tomé

Igrexa de Santa María

Igrexa de Pastoriza

Fiestas:

Mes Festa Lugar
Xaneiro San Tirso Oseiro
Febreiro San Brais Oseiro
Marzo San Gregorio Suevos
Maio Festa das Flores Arteixo
Espírito Santo Uxes
Corpus Monteagudo
Xuño Santo Antón Loureda
San Pedro Armentón e Sorrizo
San Xoán Chamín e Morás
Romaría Pedra do Aguillón O Rañal
Xullo Santiago Apóstolo Arteixo
Virxe da Luz Oseiro
Virxe do Carme Loureda e Suevos
Sta. Mariña Lañas
Santísimo Sacramento Barrañán
San Paio Sta. Icía

Mes Festa Lugar
Agosto Nosa Señora Meicende, Pastoriza e Loureda
San Roque Larín
Os Remedios Armentón
San Mamede Sorrizo
San Roque Morás
Setembro Sta. Eufemia Arteixo
Outubro Romaría do San Miguel Pastoriza
Novembro San Martiño Suevos

Historia:

Aspectos históricos do termo municipal
As freguesías de Arteixo pertencían na Administración Eclesiástica á diocese de Santiago, ao arcedianado de Nendos e ao arciprestado de Faro.

No antigo Réxime, as parroquias que constituían o Concello de Arteixo (1836) pertencían ás xurisdicións de Anzobre, a Coruña, Erboedo, Morás e Soandres; había tamén os coutos redondos de Oseiro, Suevos, Loureda e Morás.

Nos censos e nomenclátores do século XIX e do XX figura A Baiuca como capital do Concello de Arteixo. O nome de Arteixo non procede dunha entidade singular de poboación, pois cando naceu non había ningunha entidade dentro do termo que o levase. A parroquia de Arteixo, Santiago, é a que lle dá nome ao concello.

A parroquia de Arteixo, inserida no Golfo Ártabro (Magnus sinus Artabrorum), está situada ao norte do municipio e bañada polo Océano Atlántico. O seu territorio pódese definir xeograficamente coma un val central, de marcada dirección sur-norte, regado polo río Bolaños ao que se incorporan as augas procedentes do Aión que baixan de Lañas.

Todos os estudosos da nosa toponimia coinciden en considerar o topónimo Arteixo coma unha palabra de orixe prerromana. Algúns propoñen consideralo derivado dunha raíz art-, que significaría concavidade ou depresión na superficie do chan e tamén se aplicaría para dar nome a recipientes. Pertencería, segundo esta hipótese, á mesma familia có substantivo común artesa, que Corominas explica como palabra "de origen incierto, probabelmente prerromano", ao tempo que a asocia co vasco artesia 'burato'. O nome de Arteixo aludiría, xa que logo, á súa orografía en referencia ao 'val de fondo plano e vertentes inclinadas' que constitúe a valgada ou depresión onde se asenta a parroquia.

Unha explicación máis recente debida ao lingüista Edelmiro Bascuas, o nome de Arteixo, documentado como Artasio no século X, contería un derivado dunha raíz indoeruopea ar-, de significado hidronímico (referida ás augas, ás correntes fluviais, etc.), entón viría a ser 'un val regado por cursos de auga'. Estas dúas teorías non son contraditorias.

Outra posibilidade é que o nome dos Ártabros, etnia prerromana que habitaba a zona, estea relacionado co topónimo Arteixo. A terminación -eixo (<asio) tamén procede dun sufixo de orixe prerromana.

As escavacións realizadas no Campamento Costeiro do Reiro (Chamín) refírense a unha comunidade mesolítica (10.000-5.000 a. C.). Este xacemento ao aire libre, presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha. Tamén hai algúns restos orgánicos (cervos, xabarís ou vértebras de peixes...).

Mediante as escavacións realizadas polo arqueólogo don Luís Monteagudo descubríronse indicios de prospeccións mineiras xa na época protohistórica e romana. Nos xacementos de Rorís (Armentón) atopou seis hachas das nomeadas de "tope".

A importancia da cultura castrexa neste municipio reflíctese a través dos castros das Croas (Armentón), Figueiroa, Laxobre e A Penouqueira (Arteixo), O Petón (Chamín), Castelo (Lañas), Mirón e Vigo (Larín), o Coto de Santa Locaia (Loureda), Freón (Monteagudo), Canzobre, Santa Icía e As Croas (Morás), Rañobre e Galán (Oseiro), o castro de Pastoriza nesta parroquia, Castelo (Sorrizo), O Cociñadoiro e O Puntido (Suevos).

Do románico temos unha importante representación a través das igrexas de Santaia (Chamín), Santa Mariña (Lañas), San Tomé (Monteagudo), San Tirso (Oseiro); arte na que tamén se pode incluír a Ponte dos Brozos. Ao parecer unha vía romana atravesaba este municipio; comprobouse que o camiño máis antigo que ía desde a Coruña até Bergantiños pasaba por Lendo, internándose no Concello de Arteixo polo monte da Estrela, con dirección ao Igrexario de Monteagudo. Ao saír desta parroquia, o camiño ía cara ao Igrexario de Santaia, seguindo por Vioño, Sisalde, subía ao castro de Castelo e continuaba logo por Baer, Figueiroa, a Ponte dos Brozos, a ponte de Oseiro (hoxe asolagada no encoro do Rexedoiro) e discorría cara a igrexa románica de Oseiro.

A documentación máis antiga de Arteixo que coñecemos ten data do 26 de setembro do ano 942, e figura nunha relación de doazóns feitas ao mosteiro de Celanova por San Rosendo, o seu fundador. Arteixo aparece localizado no territorio de Faro e procede das propiedades que San Rosendo herdou da súa tía dona Guntrode "In Faro ex dato tie mee domne Gunterodis, Artasio...". Así figura no documento nº2 do tombo de Celanova (segundo a edición de J. M. Andrade. Consello da Cultura Galega, Santiago 1995, vol..1).
Lucas Álvarez recolle no seu libro "San Paio de Antealtares, Soandres e Toques, tres mosteiros medievais galegos" un documento do 25 de marzo do ano 1182 onde dona Urraca González, con licenza do seu home don Froilan Ramírez e do seu irmán o conde don Gómez, concerta co mosteiro de Antealtares para a cesión de por vida do mosteiro de Cambre e outras igrexas: "Et monasterio Antealtarium trado monasterium de Moralibus cum suo cauto et hereditatibus et seruitialibus et familia, sicut eam ganauimus ego et uir meus de rege domno F. (ernando) cum heremita Sancti Martini, que habet iacemtiam inter Cuizum et Iermaniam, et cum hereditate de Arteixo cum tota sua hereditate de Ualuem, et cum hereditate de Neli et cum omnibus suis directuris in Fenalibus et in Messorio et per ubicumque inuenire poteritis tali..."

Noutra cita dun manuscrito do ano 1510 de Vasco de Aponte falando da nobreza galega observamos "... digo yo y me afirmo en que tenia de renta tres mil y quinientas cargas de pan y de vino, contando ó do Conde de Altamira y de doña Violante con la mitad de Arteixo...".

O termo municipal de Arteixo pertencía na Idade Media a diversos señoríos entre os que figuran os descendentes de Gómez Pérez das Mariñas.

En canto aos monumentos civís (s. XVII) están os pazos do Atín (Loureda), o de Anzobre (Armentón), o de Mosende (Lañas) e o das Covadas (Sorrizo).

No ano 1815 salienta neste municipio o feito de que o mariscal Porlier organizase no Balneario desta vila o intento de derrubar a restauración absolutista de Fernando VII, mais non o conseguira.

Os movementos migratorios tamén lle afectaron a este municipio e actualmente a súa economía vén marcada pola creación do Polígono Industrial de Sabón (1965) que supuxo un importante revulsivo para a evolución económica e demográfica desta zona.

En xullo de 2001 a Comisión de Toponimia de Galiza estabeleceu a denominación oficial de todas as entidades de poboación do territorio municipal de Arteixo e aprobou a solicitude presentada polas autoridades locais para asignarlle o mesmo nome de Arteixo á vila da capital do concello, correspondente á localidade historicamente denominada A Baiuca.

Si quiere agregar o modificar información general, pulse sobre el siguiente enlace: actualizar información de ARTEIXO




  Ver política de privacidad