Mensaje de GOIAN - Pontevedra
Pueblos Fotografías Mensajes ¿El mejor pueblo? El tiempo Turismo Clasificados Usuarios Tienda
Población:
Galicia  >  Pontevedra  >  GOIAN
GOIAN
  Información   Mapa   Donde Dormir   Donde Comer   Fotos   Mensajes   Genealogía   El Tiempo   Enlaces   Anuncios   Colaboradores  



Foro de GOIAN (Pontevedra)
pablopousa
Fecha: 06/02/2012
Hora: 18:21
entruido (carnaval)

Aqui en Goián cando unha persoa andaba mal vestida decíaselle:
¡Pareces un entruido!

carnavales (fragmento da historia máxica de Goián)
Xa esta a volta da esquina o entruido en Goián. Daqueles rituais tamén provén o entruido, nome que se lle dá ao carnaval en Goián. Esta festa moi arraigada desde antigo, a súa orixe pérdese na noite dos tempos. Meu defunto avó, o Ti Serafín, que nacera o ano 1877, xa nos contaba do entruido de cando rapás. Nestes dias de carnestolenda comense uns putos cocido, e boas chouirizadas, que a coresma esta a entrar e hai que aiunar? Hai anos que era costume ao entrar a coresma de lavar toda a menaxe da cociña e lavalo todo moi ben para que non quedara nada de graxa neles, as cuncas de comer o caldo o mellor botaban unha sema sen ir o fregadeiro, disque facía mellor o caldo.

A primeira referencia literaria do Entruido, en castelán, aparece no Libro del buen amor (s. XIV), de Juan Ruíz, arcipreste de Hita. A loita de dona Coresma, que vivía entre animais marítimos e fluviais (o exército de dona Coresma), e don Carnal, que vivía cos terrestres (exército de don Carnal), parodia os excesos de don Carnal fronte ás falsas virtudes de dona Coáresma, unha ambiciosa e ponderada dama cristiá. Nun fragmento da obra nárrase a cousa así:

Logo o primeiro día, mércores de corbillo (cinza)
Nas casas donde anda cesta e canastillo,
Non se deixa tallador, cazola, palangana e arcón
Pois tudo muda o limpar, seguindo a tradición
Escudillas, sartens, tinallas, caldeiras, espetos
Todo se remove, ata vaciar arcas de todo obxecto
Olas, e coberterías, barriles e todas cousas caseiras
Tudo se fai lavar a súas lavandeiras
Reparar as moradas, as paredes retocar
Darlle face nova, limpando e caiando. SIC
Juan Ruiz - Alcalá de Henares - 1284-1351

 Marcar este mensaje como ofensivo o no apropiado

Responde al anterior mensaje:
Tu correo (email):
Tu clave:  (si no estás registrado pulsa aquí)
 Recordarme en este equipo
Tema de conversación: entruido (carnaval)
Tu mensaje: