GRESANDE - Pontevedra
Pueblos Fotografías Mensajes ¿El mejor pueblo? El tiempo Turismo Clasificados Usuarios Tienda
Población:
Galicia  >  Pontevedra  >  GRESANDE
GRESANDE
  Información   Mapa   Donde Dormir   Donde Comer   Fotos   Mensajes   Genealogía   El Tiempo   Enlaces   Anuncios   Colaboradores  
Turismo rural Restaurantes
Habitantes: 233  Altitud: 521 m. 
Mapa de GRESANDE
Hoy amanece en GRESANDE a las 05:57 y anochece a las 21:03
Visitas / día: 3 
¿Quieres reservar un hotel?
Información general sobre GRESANDE
Situación:

A parroquia de Santiago de Gresande, cruzada pola estrada de Vilatuxe a Prado, é unha terra cha presidida por un castro que presenta unha organización defensiva que o gran estudioso da morfoloxía castrexa López Cuevillas consideraba como unha das máis completas do noroeste peninsular. Baixo o subsolo de Gresande remata, cunha pequena ramificación, un dique de pegmatitas -descuberto e estudiado nos anos trinta por Parga Pondal-, que comeza en Lodeiro e Vilatuxe e que conta cunha lonxitude de seis quilómetros. Segundo os expertos, este filón constitúe un dos xacementos de litio máis importantes de Europa, xa que nas súas pegmatitas graníticas atópase a espodumena, un silicato natural de aluminio e litio moi pouco frecuente. Festividade: Santiago

Poboación: 233 habitantes

Extensión: 3,9 quilómetros cadrados

Densidade de pob.: 59,74

Altitude máx.: 521 metros

Código postal: 36519

Distancia a Lalín: 6 quilómetros

Lugares: Ínsua, Porreiros, Ramil, Souto e Vales .

Ayuntamiento:

Lalín

Fiestas:

No eido da antropoloxía cultural, cabe sinalar que a parroquia de Gresande celebra festas na honra do patrón e de San Ramón "o das preñadas". Tradicionalmente, nestes eventos os veciños ían de xeonllos na procesión baixo a imaxe do santo, ó que lle ofrecían candeiras, cacheiras e outras esmolas.

Si quiere agregar o modificar información general, pulse sobre el siguiente enlace: actualizar información de GRESANDE